Mostrando entradas con la etiqueta Cumpreanos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cumpreanos. Mostrar todas las entradas

1ª FESTA DE CUMPREANOS


Hoxe celebramos o cumpreanos de Aitor, Alberto, Sara, Yasser, Irene, Sergio, Eva e Alvaro. Pasámolo xeeeenial!!!! E ademais portámonos aínda mellor!!!! Primeiro puxémoslles as coroas de cumpreanos.....










Despois do recreo, puxemos as patacas, os gusanitos e as galletas nas mesas... pero non se podía comer ate que os protagonistas do día sopraran as velas mentres lles cantabamos o cumpreanos feliz....












 Logo, empezamos a comer... estaba todo tan rico!!! E comimos un cachiño de tarta....



 


E para rematar un día tan especial, estivemos bailando na alfombra a canción dos pitufos! Pasámolo estupendamente, e ademais os nenos que cumpriron anos, agasalláronnos con unha baralla de cartas a cada un... Moitisimas grazas!!!! Nós, como xa tiñamos planeado, démoslles os nosos debuxos dentro dun ratonciño de cartolina que lles fixo a profe ós protagonistas deste día.... Quedaron chulísimos!!! Feliz Cumpreanos!!!







4ª FESTA DE CUMPREANOS.

Anás, Antía, Daniel e Sergio celebraron o seu cumpreanos cos seus compañeiros/as da clase. Invitáronos a palomitas, patacas, zumos e unha tarta.Ummmmmmmmm...estaba todo riquísimo!

3ª FESTA DE CUMPREANOS

Celebramos a festa de cumpreanos de LUCÍA, UXÍA, CLAUDIA, DELIA e ALICIA.
Invitáronnos a galletiñas saladas, gusanitos, patacas, zumos e unha tarta deliciosa...


 
¡MOITAS GRAZAS A TODAS!

2ª FESTA DE CUMPREANOS

O pasado venres 26 de Novembro celebramos a festa de cumpreanos de SARA, RAÚL, LEIRE, ALEJANDRO VILAR e NOUHAILA. Invitáronnos a gusanitos, patacas, zumos e unha tarta deliciosa...
¡MOITAS GRAZAS A TODOS/AS! 

¡Moitas felicidades aos 5!

FESTAS DE CUMPREANOS.



Os mestres de Educación Infantil decidimos que este ano os cumpreanos se celebrarán de forma conxunta.

Celebraremos unha festa de cumpreanos ao finalizar cada mes, cos nenos/as que cumpran ao longo de dito mes.

Para iso, cada titor/a avisará con antelación ás familias dos nenos/as que cumpran nos meses correspondentes por se deciden celebrar dita festa para que se poñan dacordo co resto das familas dos nenos/as que cumpren nas mesmas datas (para mercar as"cousiñas" que desexen para a festa: tarta de cumpreanos ou patacas fritas, gusnitos, zumos,...)