GRAFOMOTRICIDADE 2.

Ao longo do 2º TRIMESTRE,para iniciar aos nenos/as na realización de trazos grafomotrices e desenrolar a cordinación óculo-manual, traballaremos os seguintes aspectos:

- Iniciación ás combinacións de trazos.
- Trazo curvo libre e dirixido.
- Iniciación á combinación de trazos curvos.

CIRCUÍTO CON AROS.





MATEMÁTICAS 2.

Ao longo deste 2º Trimestre traballaremos os seguintes aspectos:

- Cardinais 1 e 2.
- Nocións básicas de medida: grande- pequeno, longo-corto.
- Propiedades de obxectos: igual/distinto. Cor.
- Cuatificadores básicos: máis que.
- Nocións espaciais básicas: arriba/abaixo.
- Iniciación á seriación.
- Iniciación á lectura de etiquetas.
- Iniciación ao razonamento lóxico.

APRENDENDO CO LIBRO DIXITAL...





PAPELOTE VAI Á CASA DE ALEJANDRO PÉREZ.


Alejandro púxose moi contento cando saliu do colexio con papelote. Tamén se alegrou Nerea, a súa irmá, e os seus pais, cando lles presentou a súa nova mascota.
Pasárono moi ben compartido xogos durante toda a fin de semana.

A TARTARUGA "MANUELITA".


Coñecemos un pouquiño máis á tartaruga "Manuelita" por medio desta canción.

CIRCUÍTO DE PSICOMOTRICIDADE.

Na sesión de psicomotricidade desta semana realizamos un circuito.


Neste circuito realizado con diferentes módulos de espuma de diferentes cores e formas e colchonetas, os nenos/as recorreron un traxecto durante o que se foron atopando con diferentes exercicios( gateando, arrastrándose,...)