FLUORIÑO E CEPILLIÑO NA NOSA AULA.

A saúde bucodental é un aspecto fundamental da saúde e do benestar xeral da sociedade. 
Polo tanto é importante concienciar aos nenos e nenas da importancia do cepillado despois de cada comida, como medida preventiva para evitar a carie.

Para iso, repartimos entre os nosos alumnos/as cepillos(subministrados polas consellerías de Educación e Sanidade) e coñecimos a FLUORIÑO, un tubo de pasta detal moi amigo d tódolos nenos/as e superprotector da nosa dentadura, e ao seu compañeiro inseparable CEPILLIÑO que nos ensinaron cousas de gran importancia para a nosa saúde bucodental.

¡FELIZ DÍA DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA!

XOGANDO COA NEVE

Aproveitando a situación metorolóxica dos últimos días...

falamos da "neve": das distintas sensacións que nos provoca ó tocala: frío,...





E ata fixemos o noso "bonequiño de neve"e con nariz incluída( gracias a Teo, que nos trouxo unha  cenoria da súa avoa)...



XOGANDO COS NÚMEROS

Achegámonos un pouquiño máis aos números facendo distintos xogos cos "saquiños de números"...


CONTOS SOBRE TARTARUGAS

Raúl e Alicia quixeron compartir con nós dous libros sobre as tartarugas que nos axudaron a coñeceren máis cousas sobre estes animaliños...





2ª FESTA DE CUMPREANOS

O pasado venres 26 de Novembro celebramos a festa de cumpreanos de SARA, RAÚL, LEIRE, ALEJANDRO VILAR e NOUHAILA. Invitáronnos a gusanitos, patacas, zumos e unha tarta deliciosa...
¡MOITAS GRAZAS A TODOS/AS! 

¡Moitas felicidades aos 5!

COÑECENDO AS TARTARUGAS

Ao longo deste primeiro trimestre estivemos coñecendo moitas cousas interesantes sobre as tartarugas...