
DESFILE ARDE LUCUS 2011.
A pasada fin de semana caracterizámonos de romanos e romanas para participar no desfile de colexios do ARDE LUCUS...
¡Grazas a todos/as os participantes!
Tedes máis fotos na web do cole.
FESTA DE CONVIVENCIA EN CASTROVERDE.
O pasado domingo celebramos a FESTA DE CONVIVENCIA de FIN DE CURSO en Castroverde. Tivemos tempo para todo...xogos populares, baile...
Pasámolo xenial!
PAPELOTE VAI Á CASA DE HUGO.
O venres, despois da actuación do festival, Hugo cenou con papelote e despois durmiron xuntos. O sábado foron á casa da avoa e xogaron moito.Papelote portouse moi ben. O domingo almorzaron e xogaron cos xoguetes de Hugo.
COÑECEMOS O CASTRO DE VILADONGA.
Chelo, a nai de Antía, recomendounos un vídeo para coñecer o Castro de Viladonga...
Serviunos para coñecer a vida de fai moitos, moitos anos...e gustounos moito.
¡Moitas Grazas Chelo!
PAPELOTE VAI Á CASA DE DANIEL.
Papelote foi pasar a fin de seana á casa de Daniel. Foron á casa da aldea, como todas as fins de semana e pasárono xenial. Estiveron xogando ao balón con Jorge e con Patricia, deron paseos,etc...
Pero o que máis lles gustou foi darlle de comer aos coellos.
OS ROMANOS VISITAN O NOSO COLE.
Falta pouquiño para que de comezo unha das festas máis populares da nosa cidade, o "Arde lucus".
Para celebralo recibimos a visita duns romanos moi especiais que nos falaron da nosa Muralla Romana e do importante que é o seu coidado.
Para celebralo recibimos a visita duns romanos moi especiais que nos falaron da nosa Muralla Romana e do importante que é o seu coidado.
UNHA CONTACONTOS ESPECIAL...
O pasado xoves, Mª Luz, a nai de Carla e Laura veunos contar un conto: o conto de: "El patito feo".
Encantounos coñecer o fermoso final de como este patiño se coverte nun fermoso cisne.
¡Moitas grazas MªLuz!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)