"COMER BEN PARA MEDRAR SANS!"

PLAN PROXECTA 

NUTRIESCOLAS 0(EDUCACIÓN INFANTIL)

INTRODUCIÓN:

Con este proxecto ensinaremos aos nenos/as que para medrar fortes e sans hai que comer todo tipo de alimentos porque cando coidamos o noso corpo sentímonos ben. Tamén aprenderán a que para coidarnos temos que lavar as mans antes de comer, comer de forma sa e equilibrada, cepillar os dentes despois de cada comida, facer exercicio e xogar todos os días, asearnos a menudo e durmir o suficiente.

Este proxecto realizarase no CPR Plurilingüe Cervantes, situado nunca zona urbana do norte da cidade entre os barrios de A Milagrosa e A Piringalla da cidade de Lugo, nas aulas de 4º,5º e 6º de infantil, con nenos/as entre 3 e 6 anos.

O Colexio Cervantes é un centro integrado no que se imparten ensinanzas de Educación Infantil e Educación Primaria, que goza de autonomía no ámbito pedagóxico e organizativo de acordo ao que establezan as disposicións legais vixentes e que se configura como unha Comunidade Educativa integrada polo conxunto de persoas que, implicadas na acción educativa, enriquecen os obxetivos do Centro.

Debido a que a obesidade é o trastorno nutricional máis frecuente na idade pediátrica consideramos que a escola(xunto coa familia, o entorno,…) desempeñan un papel decisivo no fomento de hábitos alimentarios saudables.

Somos conscientes de que todo o que acontece nos primeiros anos de vida é transcendental para o desenvolvemento, e para o resto da vida, en moitos aspectos da saúde e do benestar en xeral.  Deste xeito,nenos e nenas que medran en contornas que coidan a súa saúde, alcanzan mellores resultados educativos e que nenos e nenas con mellores e máis competencias educativas chegan a ser persoas adultas máis saudables. 

A etapa de educación infantil é unha etapa educativa con identidade propia, que ten a finalidade de contribuír ao desenvolvemento integral e harmónico do alumnado, en todas as súas dimensións: física, emocional, sexual, afectiva, social, cognitiva e artística; potenciando a autonomía persoal e a creación progresiva dunha imaxe positiva e equilibrada de si mesmo, así como á educación en valores cívicos para a convivencia.   Polo tanto, grazas á posta en marcha deste proxecto contribuiremos a esa finalidade da educación infantil e aos obxectivos educativos.

OBXECTIVOS:

Obxectivos xerais:

  • Contribuír ao desenvolvemento integral e harmónico do alumnado do segundo ciclo de educación infantil, en todas as súas dimensións (social, cognitiva, afectiva, cultural...). 

  • Favorecer que nenos e nenas do segundo ciclo de educación infantil adquiran hábitos alimentarios saudables.

  • Incorporar a promoción da saúde a toda a comunidade e contorno educativo.

Obxectivos específicos:

  • Coñecer, controlar, explorar o corpo, recoñecendo as súas características e posibilidades.

  • Ampliar o coñecemento sobre alimentos e as súas propiedades, e clasificalos con diferentes criterios.

  • Desenvolver, estimular, potenciar os sentidos mediante a observación, descubrimento, manipulación e degustación de variedade de alimentos.

  • Manipular útiles e ferramentas sinxelas relacionados coa alimentación.

  • Elaborar, probar, opinar sobre receitas novas e sinxelas.

  • Sentir e expresar os sentimentos e as emocións asociadas co feito alimentario.

  • Reducir/Evitar/Eliminar os alimentos non aconsellables nas merendas da aula, do centro e na contorna familiar.

  • Traballar hábitos de hixiene para a alimentación: lavar as mans e os dentes.

  • Espertar/Fomentar a creatividade utilizando a alimentación e os alimentos.

ACTIVIDADES:

Antes de aprender a coidar o noso corpo é necesario coñecer como é, as súas partes,…


Unha vez que coñecemos o noso corpo e sabemos o que necesitamos para coidalo: o deporte e unha boa alimentación…Comezamos a investigar cómo COMER BEN PARA ESTAR SANS.

1. Creamos o noso propio restaurante (PEQUE CHEFS) para aprender máis dos alimentos. Decoramos as letras de "Peque chefs".





2. Preparamos os nosos mandiles e gorros para cociñar.

3. Coñecemos os diferentes tipos de alimentos na "Roda dos alimentos".


4. Creamos tarxetas de alimentos con ayuda do teclado de cores e imánese de Arasaac.



5. Escribimos os nomes de diferentes Freitas e clasificámolas no recuncho de xogo de do supermercado.


6. Coñecemos froitas(arándanos) e recetas para realizar con diferentes froitas.


7. Celebramos o día da alimentación(16 de Outubro).


8. Coñecemos os froitos secos, como a castaña, e as festas que se celebran en torno a ela(Magosto).



9. Falamos da importancia da pasta na nosa alimentación e preparamos unha receta mío especial no noso restaurante.


10. Falamos dos alimentos dos que non debemos abusar(doces, sucre,…) e facemos de pequenos pasteleiros.

11. Aprendemos a elaborar menús equilibrados.



12. Contamos mazás e aprendemos a poñela mesa.


13. Escribimos unha receita de pan.



14. Leemos o conto de Pan de Millo e aprendemos a cantiga.

15. Preparamos bolos de pan de millo, seguindo os pasos da receita que escribimos.

16. Coñecemos a importancia das froitas no arte e creamos fruteiros empregando froitas para pintar.

17. Recortamos alimentos de catálogos de publicidade de supermercados.

18. Elaboramos cupkakes, con pinturas e virutas de cores.






19. Creamos e escribimos unha receita moi especial: Receita para ser FELIZ.






20. Traballamos as cantidades con brochetas de froitas.

21. Coñecemos onde mercar os alimentos e as diferentes seccións dun supermercado.


22. Coñecemos canto custan os alimentos e traballamos as cantidades.

23. Creamos brochetas de froitas.




24.Visitamos o supermercado.


25. Recibimos o noso diploma que nos a credita como PEQUECHEFS.