PATIO DE CORES!

  Comezamos este proxecto co fin de mellorar o tempo de ocio dos nenos/as do noso cole.

1.Creación do proxecto.

2.Formación dos mestres.
  • Asistimos ao OBRADOIRO. PATIOS 
  • E CAMIÑOS ESCOLARES. PROPOSTAS DE TRANSFORMACIÓN, que se celebrou en Santiago de Compostela o 12 de Xaneiro de 2019.
  • Todos os mestres do n
    oso cole realizamos un CURSO PRESENCIA sobre "PATIOS DINÁMICOS INCLUSIVOS".








3.Presentación do proxecto á ANPA.
Un mestre,portavoz do claustro de mestres do colexio,foi o encargado de presentar o proxecto PATIO DE CORES á Asociación de nais e país do colexio.

4.Creación de enquisas para as familias e o alumnado.
Coa axuda dunha ferramenta de Google creamos unha enquisa para mandar aos nosos alumnos e alumnas e ás súas familias.
Esta é a ENQUISA

5. Análises dos resultados das enquisas realizadas ás familias e ao alumnado.
Os resultados foron os seguintes:








6. Decoración do patio interior: 
Debido ao mal tempo e a dificultade de traballar no exterior....decidimos traballar no patio interior do noso cole.
Diseñamos unha estrada para decorar o patio interior,que nos servirá para traballar a educación viaria cos nosos peques.

Plano diseñado:

Aplicouse unha base gris antideslizante para marcar a estrada:

Pintáronse as marcas vais con pintura branca (paso de peóns,...)


7.Decoración de palés para o horto vertical.
Un grupo de nenos e nenas de Primaria foron os encargados de decorar os palés do noso horto vertical que ocupará un recuncho do patio exterior.




Tamén axudaron a decorar neumáticos que se empregando como macetas.



8. Comezamos a pintar o patio exterior!
  Coa chegada do bo tempo puxémonos a pintar o patio exterior. 
Antes de pintar...tocou preparar o chan cunha boa limpeza... diseñando os xogos elexidos e dándolle un líquido especial anti polvo.






Despois de esperar o tempo necesario...puxémonos mans á obra!







8. A xogar!
Chegou o tempo de comezar a xogar. Os nenos e nenas estaban impacientes....
Antes de comezar a xogar démoslles unhas explicacións básicas das normas dos xogos...






Continuará...


PATIO DE CORES II
Ao longo do Curso 2019-2020 pretendemos dar continuidade al noso proxecto PATIO DE CORES iniciado no curso pasado.

Na zona do patio exterior colocouse un baúl de xogos. Estes xogos están feitos polo alumnado e os mestres.

No patio interior do colexio decorouse a columna central en forma de árbore para continuar dándolle forma a nosa pequeña cidade.
Cubrimos a columna con espuma de poliuretano:







Deixamos secar e pintamos con pintura marrón:


Adornouse con follas: