PRIMEIRAS CABAZAS DECORADAS DO SAMAÍN.
Oliver,Álvaro, Gorka e Adrián trouxeron ao cole as primeiras cabazas decoradas para o SAMAÍN.
Tamén trouxeron as súas cabazas decoradas Selena, Alba e Hugo Rouco.
Quedáronlles fermosas, verdade?Pois...xa sabedes,
Animádevos a seguir participando!
PRIMEIRAS SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE.
Ao longo destas primeiras sesións de psicomotricidade, ademáis da importancia dun bo quecemento para evitar lesións,
traballamos diferentes aspectos: dentro-fóra,arriba-abaixo,... a través de diferentes xogos...
VISITA DO CB BREOGÁN!
O pasado luns recibimos a visita do C.B. BREOGÁN!

Michel Diouf, Álex López e Martín Gómez visitaron o noso cole e animáronnos a practicar deporte sen esquecernos de seguir estudiando.

Para recibilos elaboramos unha pancarta animando ao noso equipo que, ao rematar a visita, nos firmaron todos os xogadores.

Diouf, Álex y Martín repartíronnos pequenos agasallos do seu clube e, ademáis, invitáronnos a un encontro do breogán como local.

FORZA BREO!
FESTEXAMOS O "SAN FROILÁN"!
Estes días estanse celebrando as festas do patrón da nosa cidade. O San froilán, festa declarada de Interés Turístico Nacional, é unha das festas máis coñecidas en toda España e, ademáis, tamén e moi coñecido o noso "Polbo á Feira".
Por iso na nosa aula aproveitamos para coñecer máis a fondo a este animal marino. Despois de falar un pouquiño das súas características pintamos entre todos un polbo xigante para decorar o patio.
FELIZ SAN FROILÁN!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)