MATERIAIS SOBRE O "FONDO DO MAR"...
Pouco a pouco o noso recuncho estase enchendo de diferentes materiais...
DECORANDO O NOSO RECUNCHO DO "FONDO DO MAR"...
Para decorar o noso recuncho no que expoñeremos os distintos materiais que os nenos/as vaian traendo sobre o "fondo do mar" pintamos, entre todos, a "Agapito"...
XORNADA MICOLÓXICA 2013!
Grazas a Sociedade Micolóxica Lucus de Lugo, un ano máis, puidemos realizar no cole a tradicional Xornada micolóxica para os nenos/as, os seus pais, nais, avós... e os mestres.
CARTA PARA AS NOSAS FAMILIAS.
Para comezar a investigar sobre o noso proxecto: "Unha viaxe polo fondo do mar" pedimos axuda ás nosas familas cunha carta decorada cun fondo mariño...
SUMERXÉMONOS NUNHA "VIAXE POLO FONDO DO MAR"!
Fai uns días, despois de ler o conto de "Agapito el pececito",...
reunímonos en asamblea para comentar o conto...
e alí xurdíu a idea de investigar sobre o "fondo do mar".
Así que decidimos realizar unha
"VIAXE POLO FONDO DO MAR"
COÑECEMOS AS "MENINAS" DE VELÁZQUEZ!
Realizamos unha visita ao "Museo Nacional del Prado" virtual onde puidemos coñecer a Velázquez e a súa obra de "Las Meninas".
Despois de coñecer un pouquiño máis sobre esta famosa obra...


creamos a nosa propia obra de arte...
creamos a nosa propia obra de arte...
CUMPREANOS DE SARA!
O pasado xoves foi o cumpreanos de Sara e quixo traernos uns detalliños para celebralo...
Moitas grazas Sara! e FELICIDADES!
OBRADOIRO DE COCIÑA TERRORÍFICA!
Ao longo desta semana de celebracións pola festa do Samaín na nosa aula realizamos un OBRADOIRO DE COCIÑA TERRORÍFICA.
Antes de comezar a cociñar foi necesario asearnos e vestirnos de forma axeitada... despois disto...xa estábamos preparados para cociñar.
Preparamos os ingredientes e o material necesario...
Repartimos mermelada de fresa sobre unha galleta...
Colocamos dous gusanos de gominola sobre a mermelada(en forma de patiñas) e colocamos outra galleta sobre eles...
Untamos sipope de chocolate sobre a galleta e cubrimos con "perliñas"de chocolate...e colocamos dous lacasitos (simulando ollos).
Ummmmmm...quedáronnos unhas "arañiñas" deliciosas,verdade?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)