Os máis peques do cole deron mostra da súa creatividade no obradoiro que se celebrou onte na aula...
FESTA DE ANIVERSARIOS!

Lembramos ás familias que, como falamos a principios de curso, as festas de aniversarios serán de forma conxunta ao finalizar o trimestre.
Nos próximos días falaremos coas familias dos nenos/as que cumpriron anos neste trimestre para a celebración da primeira festa do curso.
XORNADA MICOLÓXICA 2016

O vindeiro día 27 convidamos ás familias do Cole a pasar unha xornada estupenda, aprendendo todos xuntos e saída ao campo . Guiada por un membro da SOCIEDADE MICOLÓXICA LUCUS .
Hora:10h
Lugar:restaurante río rato.
(Disfrutaremos dun aperitivo).
TOMA CASTAÑA!CHEGOU O MAGOSTO!
O pasado 4 de Novembro no cole celebramos a festa do magosto. Contamos coa presencia dun castañeiro e así os nenos/as puideron ver de preto como se asan as castañas..
LOTERÍA DE NADAL!
Xa podedes mercar a lotería de nadal do cole.

Os interesados falar co mestre Xesús.
CELEBRAMOS O SAMAÍN!
Así de fermosas quedaron as manualidades de "Samaín"/"Halloween" realizadas polos máis peques do cole e as súas familias.
Noraboa!Sodes uns artistas!
FELIZ SAN FROILÁN!

Os máis peques do cole decoraron uns polbos, unha das comidas típicas destas datas na nosa cidade, para celebrar o "San Froilán".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)