A IMPORTANCIA DA ALIMENTACIÓN NA IDADE ESCOLAR

Nesta etapa é necesario apoiar o crecemento. Unha alimentación variada e equilibrada é a clave na casa e na escola.

A idade escolar é unha etapa da vida caracterizada polo crecemento contínuo (de 5 a 6 cm por ano) e onde se produce un aumento de peso aproximado de 2 kg. anuais durante os primeiros anos. Ao mesmo tempo, prodúcese un aumento progresivo da actividade intelectual e un maior gasto calórico pola práctica deportiva e dos seus xogos preferidos, polo que as racións aumentan.
Unha boa alimentación nesta etapa da vida caracterízase por:
- Facilita un crecemento óptimo.
- Evita as carencias de nutrientes e enerxía.
- Prevén e corrixe problemas específicos relacionados co estado nutricional.
- Disminúe o risco de aparición de enfermidades na idade adulta.
- Comer en familia é a mellor forma de educar para adquirir hábitos saudables que repercuten no comportamento nutricional e a súde a corto, medio e largo prazo.