BENVIDOS Á ESCOLA


O ingreso na escola supón un cambio moi importante para o neno, pois é pasar do ámbito familiar, dun ambiente que sempre lle proporcionou seguridade, protección, a un ambiente novo e descoñecido para el, con outros nenos e adultos. Poden xurdir condutas particulares nas primeiras semanas, choro, pataletas, retraemento, etc.; pero débese ter presente que unha axeitada intervención axudará a superar este proceso e que non solo é un período de adaptación para os nenos/as, para os pais e a educadora tamén o é.

Na vida do neno/a, aínda que nalgúns casos ao principio a separación lle resultará dolorosa, o neno irao asimilando, e grazas a esta separación incrementarase a súa autonomía persoal e o seu grao de socialización, axudando na formación de hábitos e na estrutura da súa personalidade.