PAPELOTE VAI Á CASA DE DELIA.


Delia púxose moi contenta o venres ao mediodía porque levaba a Papelote a pasar o fin de semana a súa casa.  Nada máis chegar a súa casa presentóullelo a súa familia e despois xantaron. Pola tarde os seus pais leváronos de compras e cando regresaron á casa esperábaos unha visita sorpresa: a súa curmá Eva.
O sábado Papelote acompañounos a ver o espectáculo de "Mamá cabra" e o domingo Papelote e Delia axudáronlle a súa nai coas labores da casa.
Delia estivo moi contenta o fin de semana con Papelote.