"A CAIXA DE MÚSICA"!

A caixa de música
 
O pasado 2 de Maio os nenos de Infantil asistiron á representación da obra "A caixa de música" a cargo da compañía de teatro Viravolta Tí­teres.
“A Caixa de Música” foi un espectáculo musical que combina tí­teres de mesa e luz negra con música para trí­o de piano, violí­n e clarinete interpretada en escena por Xosé Manuel Yáñez, Mariola Gil e Beatriz Rodrí­guez Caridad.
Cecilia e Salterio, xogando, estragan a pequena caixa de música de Calderón (músico ambulante). Pesarosa e arrepentida, Cecilia tratará de arreglala recuperando os sons que escaparon dela, aprendendo distintas combinacións de sons, que viven nunha gran“caixa de música".