CREANDO PEIXES DE CORES CON MATERIAL DE REFUGALLO.

Despois de investigar un pouquiño nos materiais que trouxemos ao cole sobre o "Fondo do mar" atopámonos con que o mar está cheo de peixes de diferentes cores, tamaños,... e de moitas formas.

Así que decidimos facer os nosos propios peixes con material de refugallo...
Nesta ocasión empregamos pratos de cartón que pintamos de diferentes cores...



e, despois de deixalos secar ben, decorámolos con moitos gomets.