VISITAMOS O "ACUARIUM FINISTERRAE" e o PLANETARIO!


O pasado venres visitamos o Acuarium finisterrae para sumerxernos no Atlántico...


De camiño ao Aquarium Finisterrae tamén tivemos a oportunidade de ver o histórico faro da cidade, a Torre de Hércules. 


No Acuarium tivemos a oportunidade de  sumerxernos no Nautilus, un submarino de cristal, no que puidemos observar miles de peixes de 50 especies diferentes(quenllas, aguias marinas,...) que nadaban ao noso arredor.



Alí chamounos a atención Gastón, unha quenlla touro.

Tamén puidemos ver como os coidadores do acuarium lle daban de comer ás focas...



 e na sala maremagnun puidemos ver ...

estrelas de mar...


cabaliños de mar...

medusas,...e moitas especies marinas máis...

Despois de xantar tamén puidemos visitar o Planetario, na CASA DAS CIENCIAS, no que puidemos asistir a sesión de "La niña que sabía caminar al revés", a través da cal puidemos coñecer un pouquiño máis o Universo, visto boca abaixo a través dos ollos dunha nena.


Despois dun día moi longo, e cargado de sorpresas, chegamos moi cansadiños pero o máis importante é que o pasamos moi ben.