"REILUSIONÁMONOS" CO "MAGO RAFA"!



O pasado venres recibimos a visita dun gran mago da nosa cidade, o"Mago Rafa".




O "Mago Rafa" deleitounos cuns xogos de maxia para promocionar o seu novo espectáculo que estrenará o próximo Domingo 23 de Febreiro,ás 18:00 h. no auditorio Gustavo Freire.





Depois de ver as cariñas dos peques durante a súa actuación...estamos seguros que "ReilusionArte" será todo un éxito!

NORABOA e MOITAS GRAZAS pola túa visita!