CELEBRANDO O NADAL

Xa chegou o Nadal á clase de 3 anos!! Fixemos un montón de cousas!! Un día, veu a profe Pili a ensinarnos a facer xabóns....



Outro día, fixemos uns bastóns feitos de limpapipas para colgar na árbore. Era  moi fácil, solo tiñamos que enroscar dous anacos de limpiapipas un sobre outro e... voilá! Un bastonciño chulísimo!!




Outro día, adicámonos a facer estrelas de palliñas para a árbore. Foi moi divertido, primeiro botamos a pintura que estaba metida nuns botes de ketchup, e despois botámoslles purpurina por riba...








Todo isto, fixémolo para preparar o mercadillo solidario, que celebramos mañá día 12 de decembro pola mañá e pola tarde; a cambio dunha bolsa de comida, podedes levar un xabón feito polos alumn@s do cole e unha manualidade. Así quedaron as nosas manualidades despois de envolvelas:


Pero non acabou todo ahí!! Tamén fixemos unha árbore de Nadal moi especial... Os pais e nais do cole, que son moi traballadores, reutilizaron palets de construción para facer as estruturas. Logo de ter a estrutura forrada, puxémoslle unhas boliñas de Nadal salpicadas de pintura e purpurina, igual que fixemos coas estrelas de palliñas. 


Pero de onde sacamos as bolas??? Pois durante todo o trimestre, estivemos reciclando os papeis dos gomets que usabamos na clase, ata ter un montón, que despois pegamos na árbore e decoramos entre todos....


Quedounos unha árbore superdivertida!!! A que está chula???





Así que, despois de todo este traballo... BO NADAL!!!