VISITA AO MUSEO FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA.

O pasado venres realizamos a nosa primeira saída en autobús para visitar o Museo Fortaleza de San Paio de Narla en Friol.



Durante a nosa visita atopámonos con diferentes personaxes do conto da BELA DURMINTE.
Na planta baixa puidemos ver diferentes coleccións relacionadas coa agricultura e cos oficios tradicionais (cesteiros, zoqueiros...).
 Aveños de Labranza - Museo-Fortaleza San Paio de Narla
Corte das bestas - Museo-Fortaleza San Paio de Narla
Alí tamén nos atopamos coa raíña do castelo.
Na  primeira planta puidemos ver unha cociña na que se encontraban tres elementos da construcción primitiva : a lareira, o forno e o servizo hixiénico, ademais de mobiliario típico da cociña galega, cerámica, ferros de pasar, etc. ; 
Na cociña tamén nos levamos unha gran sorpresa...a bruxa!
Nesta planta tamén puidemos ver un salón cunha gran ventá con “parladoiros” e unha cheminea renacentista ; a sala do tear; un escritorio e un dormitorio.
O primeiro e segundo piso da Torre puidemos ver diferentes coleccións de armas brancas e de fogo, unha armadura, outra de guerreiro samurai, dagas, machetes, espadas, revólveres de percusión, de tambor ou de chispa, fusís, canóns, etc.
Resultado de imagen de museo fortaleza san paio de narla
Alí atopámonos co cabaleiro do castelo e...
a fada mala...
E para despedirnos da nosa visita ao castelo...falamos co rei que nos convidou a ir outro día a visitalo.