II EDICIÓN DOS PREMIOS DA CARIDAD 2025


Participamos na II edición dos Premios da Caridad 2025.
Reflexionamos co  alumnado arredor do lema deste ano: "Alí onde nos necesitas abrimos camiño á esperanza".
Esta actividade axudounos a mirar con atención a realidade de moitas persoas que viven situacións de vulnerabilidade, soidade ou exclusión, tanto preto de nós como a nivel global. 
Creamos unha maqueta que nos serviu para plasmar todo o aprendido e presentámola aos Premios da Caridade organizados por Cáritas Diocesana de Lugo.











 Con esta actividade tratamos de implicar aos nenos/as  na construción dun mundo máis humano, máis solidario e máis xusto.