SORPRESAS DE NADAL...

Despedimos o 1º trimestre cun día cheo de sorpresas...

Disfrutamos dunha sesión de maxia, de mans do profe Alberto, que nos deixou totalmente abraiados cos seus xogos máxicos.


Papá Noel veu a visitarnos ao cole e fíxonos entrega dunhas lambetadas...


 E...para rematar, o profe de música, profe Juan, acompañado dun grupo de nenos/as de primaria encheron de música a nosa aula...

Pasámolo xenial...¡MOITAS GRAZAS A TODOS/AS!