UNIDADE 4: COPO, O BONECO DE NEVE.

Nesta unidade o INVERNO, o COIDADO DO CORPO e a SAÚDE, e os XOGOSXOGUETES, constitúen os temas fundamentais.

Aproveitaremos a chegada dos reis Magos e Papá Noel para traballar a importancia de coidar os xoguetes.Intentaremos que os nenos/as se responsabilicen deles, así como que manteñan actitudes de respeto nos xogos, como a solidariedade, a cooperación e o cumprimento das normas. Potenciaremos os xogos que favorezcan a imaxinación, a socialización, a cooperación, o compañerismo, descartando todos aqueles que inciten á competitividade e á violencia.

Conversaremos cos nenos/as sobre aspectos relacionados coa nova estación: O INVERNO, as prendas de vestir necesarias para abrigarnos(guantes, gorros,...). Ademáis tamén descubrirán que o entorno tamén cambiou, observando a paisaxe invernal a través de fotografías e experientando e vendo  fenómenos atmosféricos como achoiva, a neve, o frío,...

Comprobarán, ademáis, as transformación das árbores, a prantas e os animais como consecuencia da chegada do INVERNO.

Intentaremos que, a través das distintas actividades que propoñemos, os nenos/as adquiran actitudes relacionadas co benestar, a seguridade pesoal e o fortalecemento da saúde e a hixiene.

Ademáis, traballaremos aspectos reacionados co coñecemento do corpo, a autonomía persoal, a expresión de sentimento e emocións, o coidado dos espacios, o respeto, a aceptación dos demáis,...