Celebramos o Samaín

O prometido é deuda!! 

A nosa sorpresa para os pais e nais de 3 anos foi aparecer o xoves cunha careta de cabaza!! Qué susto levou algún papa e algunha mamá ó vernos saír da clase!!!
Durante a semana estivemos pintando a cabaza cun rodillo e pintura laranxa que deixamos secar durante un día...






Despois puxémoslle unha sonrisa de plastilina negra para que quedara máis terrorífica, e tamén un pelo verde con papel pinocho en forma de lazo...




Na hora da merenda, probamos os Dedos de Bruxa do noso compañeiro Lucas, que eran unha delicia!! Grazas a Lucas e familia por compartilos con nós... qué bos estaban!






Antes de ir para casa, saímos ó patio cuberto a mirar a exposición de manualidades de Samaín que se fixo no cole... alí puidemos ver as manualidades que trouxemos da casa e as cousiñas que outros nenos e nenas maiores fixeron... E aproveitamos para facer unha foto, claro!







 De volta na aula, esperamos a que chegaran todas as familias, para saír asustando ós pais e nais, e levamos un diploma e uns caramelos que nos regalou a ANPA...












En definitiva, pasámolo terroríficamente ben!!