O OUTONO E O MAGOSTO



Estes días, estivemos traballando na clase aspectos relacionados coa estación do magosto: fixemos que eramos chuvia, que eramos vento, que eramos árbores movidos polo vento... e por suposto, que se nos caían as nosas follas. Por iso, estivemos pintando unhas follas coa cor do outono para decorar a nosa clase....







Pero ademais, imos celebrar o magosto co resto de compañeiros de 4 e 5 anos. Así que, para comer esas castañas tan ricas que nos van traer os pais e nais da ANPA, fixemos un cucurucho que imos levar para a casa, e que podemos usar cando comamos máis castañas cos pais e nais, cos avós, cos tíos, cos primos....
















E saímos no Progreso!!!







Así que, xa sabedes, a rica castaña!!!!!!