1ª SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE NA RESIDENCIA DE MAIORES ORFEA.

Visitamos a residencia Orfea para compartir unha sesión de psicomotricidade cos seus maiores...

Primeiro fixemos uns exercicios de quecemento(movendo pernas, brazos,...) e despois tamén puidemos participar nun circuito.




 Tamén puidemos visitar a sala de fisioterapia do centro, onde a fisioterapeuta Tere nos explicou o seu funcionamento e onde tamén puidemos facer algúns xogos.



Encantounos compartir esta sesión de psicomotricidade cos maiores, e ata nos fixeron uns agasallos...

Moitas grazas Sonia(mamá de Alba) por facer posible esta visita.