2ª SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE COS MAIORES DA RESIDENCIA ORFEA.

Na 2ª sesión de psicomotricidade realizamos varios exercicios de quecemento que facemos nas sesións de psicomotricidade no cole e uns bailes con música.
Nesta ocasión tamén puidemos visitar a sala de fisioterapia na que realizamos diferentes circuitos...






Nesta ocasión tamén recibimos un pequeno agasallo dos nosos "compañeiros/as" de sesión...
E nos tamén lles fixemos entrega duns debuxos que fixemos con moito cariño.



Moitas grazas a todos/as pola vosa acollida. Os peques quedaron encantados e, estou segura,de que esta foi unha boa experiencia para todos/as.
MOITAS GRAZAS!