NA PROCURA DOS XOGOS DE LUGO!

Peques e familias....propóñovos unha actividade divertida, relacionada co RETO 6 que estamos traballando,para realizar este fin de semana... 

Como sabedes,  a área de Mobilidade e Infraestruturas do Concello de Lugo lanzou durante a coarentena o proxecto «Tecendo Brincadeiras», pintando zonas de xogo nas rúas de Lugo para as saídas das nenas e nenos. 
Propoñen achegar espazos interactivos que permitan ás nenas e nenos desfrutar das saídas á rúa creando espazos lúdicos que permitan xogar en igualdade e sacar o máximo rendemento dos paseos no exterior. Tecendo Brincadeiras propón xogos pensados para cubrir toda a poboación infantil, un primeiro grupo para idades entre dous e tres anos, e outro grupo de maior complexidade para motivar a nenas e nenos dende os cinco seis anos.
A actividade consistirá en que os peques deben buscar o maior número posible de xogos, xogar e sacarse foto con cada un deles, que me enviaredes ao meu correo: teresukav@gmail.com.
Animádemos! Teredes un agasallo asegurado! 
mapa de tecendo brincadeiras, dos xogos pintados nas rúas de Lugo está en: